Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Si sigues navegando, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información
Estás en:  Omitir vínculos de navegaciónInicio  /  Uso inadecuado de la marca Tourline Express

Uso inadecuado da marca Tourline Express


Detectamos que circulan mensaxes de correo electrónico e existen páxinas web que utilizan a nosa marca de forma fraudulenta. Estes soportes, que imitan a nosa marca e o noso estilo gráfico, solicitan o pagamento por adiantado de supostos servizos de transporte mediante transferencia ou ingreso en conta.

Tourline Express Mensajería S.L.U. non utiliza ningún sistema de pagamento en liña, así que, se recibe calquera comunicación neste sentido, é probable que se trate dunha estafa, polo que recomendamos extremar as precaucións.

No caso de dúbida sobre a veracidade de calquera notificación remitida por TOURLINE EXPRESS, pedímoslle que nolo comunique a través do noso teléfono de atención ao cliente 902 34 33 22 ou do enderezo de correo electrónico info@tourlineexpress.com. Tourline Express Mensajería S.L.U. non se fai responsable dos actos cometidos por terceiros alleos á compañía.