Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Si sigues navegando, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información
Estás en:  Omitir vínculos de navegaciónInicio  /  Servizos  /  Servizos internacionais  /  Como preparar un envío internacional?

Como preparar un envío internacional?


Embalaxe
A responsabilidade da correcta embalaxe dos envíos emitidos a países estranxeiros é do cliente. Cada tipo de produto, pola súa condición e características, presenta uns requisitos de embalaxe e protección diferentes.

Tourline Express pon á súa enteira disposición unha ampla gama de embalaxes pensadas para protexer os seus envíos.

Como preparar un envío internacional? Catálogo de embalaxes Tourline Express

Documentar un envío
Os envíos internacionais poden dividirse en dous grandes grupos:

  1. Envíos destinados a países da Unión Europea e que, polo tanto, están exentos de controis alfandegueiros. A título informativo, os 27 países que forman parte da UE son Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Dinamarca, Irlanda, Reino Unido, Grecia, España, Portugal, Austria, Finlandia, Suecia, República Checa, Estonia, Chipre, Letonia, Lituania, Hungría, Malta, Polonia, Eslovaquia, Eslovenia, Romanía e Bulgaria.
     
  2. Envíos destinados aos demais países estranxeiros e que conteñan mercadorías suxeitas a control alfandegueiro. Estes tránsitos deberán ir acompañados de factura comercial ou factura proforma. No caso dunha mercadoría para uso persoal, debería ir acompañada dunha declaración xurada ou de contido. Así mesmo, é obriga do exportador facilitar tamén outros documentos que deberán viaxar xunto co envío para poder ultimar en destino e sen problemas a operación de exportación iniciada en España. Os envíos poden conter:
    • Mostras con valor comercial: deberán ir acompañados da factura comercial (orixinal e catro copias asinadas e seladas polo exportador e en dobre versión -castelán/inglés-) onde se faga constar o seu valor unitario, número de unidades vendidas (coa súa referencia comercial), o enderezo completo de expedición e entrega, os datos fiscais do comprador e vendedor, o total da transacción comercial indicando a divisa que proceda, motivo da transacción e a orixe dos artigos vendidos.

    • Mostras sen valor comercial: o documento que anexar será unha factura proforma (orixinal e catro copias seladas e asinadas polo exportador e en dobre versión -castelán/inglés-) que conterá os mesmos datos que a factura comercial; o valor será para os efectos estatísticos e non comerciais.

    • Uso persoal: é necesaria unha declaración xurada ou de contido que debe facilitar o exportador ou remitente e que recolla os mesmos datos que a factura comercial; o valor será para os efectos estatísticos e non comerciais. En todos os envíos estranxeiros destinados ao continente americano debe extremarse o control da documentación que anexar. Contacte co Departamento Internacional (internacional@tourlineexpress.com) para documentar os envíos ao continente americano.

A seguir poderá descargar un modelo de factura para poder xestionar de forma óptima a documentación do envío:

Como preparar un envío internacional? Modelo de factura

Subir Subir