Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Si sigues navegando, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información
Servizos mensaxería nacionais e internacionais Tourline Express
Estás en:  Omitir vínculos de navegaciónInicio  /  Servizos  /  Servizos internacionais  /  Condicións Xerais

Condicións xerais internacionais


Aspectos xerais
As nosas tarifas inclúen os gastos por formalidades ordinarias (*) de exportación, sendo as de importación por conta do destinatario estranxeiro. Ambos os trámites alfandegueiros formalízanse con base na documentación subministrada polo exportador, quen deberá soportar as consecuencias que puidesen derivarse da súa incorrecta ou incompleta información (gastos adicionais alfandegueiros ou de entrega e mesmo sancións civís ou penais que puidesen levar á confiscación ou venda do propio envío).
Recomendamos verificar a exactitude, concreción e integridade de toda a información facilitada polo remitente antes de formalizar a entrega ás nosas delegacións para todos os seus envíos internacionais (moi especialmente os destinados a países non pertencentes á UE).

(*) Non se consideran formalidades ordinarias: aqueles procedementos alfandegueiros onde deba intervir tamén outra entidade oficial distinta da alfándega, as que requiran a prestación de aval ou fianza, as que inclúan máis de 3 partidas arancelarias distintas, as que impliquen o pagamento de impostos especiais, as operacións temporais, as que requiran rexistro específico de mercadorías para a súa importación no país de destino... En todos estes casos poderanse aplicar gastos adicionais por tramitación alfandegueira complexa.

Recarga por carburante
Os servizos internacionais están suxeitos a un suplemento por combustible que, en función da evolución do petróleo no mercado internacional, poden producir variacións nas tarifas dos servizos internacionais, as cales procederemos a comunicar coa maior antelación posible.

IVE
Todos os servizos internacionais con destino a países da UE veranse incrementados no IVE correspondente.

Tempos de tránsito
Foron calculados a partir da delegación de orixe, en función do destino e servizo internacional elixido. A dita información non debe tomarse coa máxima exactitude ao estar condicionada por múltiples factores: días festivos en orixe-destino e/ou tránsitos, demoras por controis de seguridade e alfandegueiros, factores climatolóxicos...
Pode consultar os tempos de tránsito na descrición de cada servizo internacional.

Atrasos non imputables
A imposibilidade de poder ultimar a entrega final por ausencia ou rexeitamento do destinatario, deficiencia nos datos facilitados ou non-pagamento dos servizos prestados no destino serán responsabilidade do remitente, quen virá obrigado a soportar ao seu cargo todos os gastos derivados da dita incidencia, incluídos, se é o caso, os gastos de posteriores entregas ou retorno á orixe coa repercusión do seguro correspondente.

Prazos de reclamación
Para exercer a reclamación por un envío perdido, danado, demorado ou con outro tipo de danos, deberán cumprirse as convencións aplicables e seguir o seguinte procedemento:

  • A notificación pola perda, dano ou a demora debe realizarse dentro dos 7 días posteriores á recepción do envío ou dentro dos 7 días seguintes á data en que o envío debía ser recibido, procedéndose a documentar a súa reclamación e achegando toda a información relevante sobre o propio envío, a perda, o dano ou a demora sufrida.
     
  • Presúmese que o envío foi entregado en boas condicións se quen o recibiu non sinalou o dano no albará de entrega. Para poder atender a súa reclamación por danos, o contido do envío e a súa embalaxe deben quedar a disposición para seren inspeccionados.
     
  • Agás estipulación en contrario, o dereito a reclamar extinguirase sempre e cando non se presente unha acción perante un tribunal dentro dos 6 meses posteriores a ser recibido o envío ou dende a data en que debeu recibirse, ou dende a data en que finalizou o seu transporte. Se a reclamación fai referencia a outros servizos, dentro dos 6 meses en que, razoablemente, debería ser consciente da súa perda, dano ou demora.
     
  • No caso de aceptarse toda ou parte da reclamación solicitada, deberase formalizar a renuncia a calquera dereito, compensación ou reparación que puidese ter calquera terceira persoa por subrogación ou por calquera outro título.
     
  • O envío non se considerará perdido ata que non transcorran polo menos 30 días dende o día que nos notificou a súa non-entrega.

Normas de seguridade para o transporte por avión
O remitente debe asegurase e dar fe, ao cubrir o albará ou ao efectuar a entrega do envío internacional, de que o seu envío non contén ningún artigo prohibido conforme ás disposicións nacionais e internacionais que regulan a seguridade do transporte aéreo. Así mesmo, está obrigado a proporcionar unha descrición completa do seu contido no dito albará. A súa responsabilidade non queda extinguida ao facilitar esta información. O remitente queda informado de que os seus envíos poden ser sometidos a controis de seguridade que poden incluír a utilización de aparatos de raios X, así como a inspección e apertura destes.

O remitente certifica que o envío foi preparado en instalacións seguras, por empregados da súa confianza e que foi protexido contra calquera tipo de interferencias ilícitas durante a súa preparación, almacenaxe e transporte, ata que a nosa delegación de orixe se fixo cargo deste.

Restricións e prohibicións
Non se poderán admitir mercadorías perigosas nin mercadorías prohibidas, tales como materiais perigosos e que entrañen riscos, combustibles ou explosivos, drogas, plantas ou animais vivos ou mortos, xoias, metais e pedras preciosas, ouro e prata en calquera forma, diñeiro (billetes e moedas), tarxetas de crédito e cheques de viaxe e todo produto ou material cuxo transporte está limitado ou prohibido por algunha lei, regulamento ou normativa nacional ou internacional.
No caso de transporte de medicamentos, terase que consultar co Departamento Internacional (internacional@tourlineexpress.com).

Pesos e medidas
A tarifa dos paquetes voluminosos pero lixeiros establecerase polo seu peso volumétrico, é dicir, polo espazo que ocupen, máis que polo peso que teñan. Isto é aplicable a todos os envíos.
Calcule o volume do envío en metros, multiplicando a lonxitude pola altura e polo ancho.

Por exemplo: lonxitude 0,9 m x altura 0,3 m x ancho 0,4 m = 0,108.

Para os servizos Global Express, 9:00 Express e 12:00 Express, o factor de conversión volumétrica será de 167.

Para o servizo Economy e Francia (13 h e 18 h), de 333.
Tomando como modelo o servizo Economy e utilizando o exemplo anterior, temos o seguinte resultado: 0,9 x 0,3 x 0,4 = 0,108 x 333 = 35 kg.

As medidas máximas e pesos permitidos son: 

  Medidas máximas
Peso máximo por vulto
Peso máximo por expedición
Global Express (algúns destinos europeos)
2,4 x 1,2 x 1,5 m 70 kg 500 kg ou 3 m3
Global Express (demais destinos)
1 x 0,6 x 0,7 m 30 kg 500 kg ou 3 m3
Economy (algúns destinos europeos)
2,4 x 1,2 x 1,8 m 70 kg 7000 kg ou 30 m3
Economy (demais destinos)
1,8 x 1,2 x 1,5 m 70 kg 500 kg ou 3 m3
Francia 13 H
Lonxitude máxima de 1,5 m
Largo x alto x ancho non debe superar os 3 m
30 kg Consultar con Servizo Internacional
Francia 18 H
Lonxitude máxima de 1,5 m
Largo x alto x ancho non debe superar os 3 m
30 kg Expedicións monovulto (máximo 30 kg)
Latinoamérica
0,6 x 0,6 x 0,9 m 30 kg 210 kg

 

 Global Express  9:00 Express  12:00 Express
 Documentos > Factor de conversión 167
 Paquetes: Europa > Factor de conversión 167
 Paquetes: Resto do mundo > Factor de conversión 167
Economy Factor de conversión 333
Francia (13 h e 18 h)
Factor de conversión 333
Latinoamérica Factor de conversión 167

 

Tomando como modelo o Economy e utilizando o exemplo anterior, temos o seguinte resultado:
0,9 x 0,3 x 0,4 = 0,108 x 333 =35 kg.

Cobertura Interna Tourline Express (CITE)
Todos os envíos internacionais terán incluída no seu tramo nacional (dende a delegación de orixe ata a porta de saída internacional) a Cobertura Interna Tourline Express.

Existen dous tipos de cobertura::

  1. Cobertura incluída. Cumprindo coa responsabilidade esixida polo convenio CMR para envíos de tránsito terrestre, indemnizarase o cliente, no caso de sinistro, con 10 euros por quilogramo sinistrado. Do mesmo xeito, todos os envíos de tránsito aéreo estarán regulados segundo o convenio de Varsovia, con 20 euros por quilogramo sinistrado.
  2. Cobertura opcional. Como cobertura opcional, o cliente poderá cubrir o valor real declarado da mercadoría transportada. A prima desta cobertura é do 3,00 % do valor declarado da mercadoría transportada, cun límite de 6.000 euros.

Aspectos legais
Para cantas incidencias e accións se deriven da interpretación desta tarifa, os seus usuarios renuncian a calquera outro foro procesual propio e sométense aos tribunais do foro que determine a compañía.
Os prezos reflectidos na tarifa son sen IVE. Aplicarase neste concepto o IVE en vigor.

Tourline Express non se responsabiliza do cumprimento incorrecto do servizo motivado por causas maiores ou alleas á compañía.

A compañía resérvase o dereito de deixar de prestar servizo e rescindir a relación comercial se o cliente non satisfai puntualmente calquera débito, así como se incumpre as condicións estipuladas na presente tarifa.
O cliente manifesta coñecer e aceptar as instrucións, condicións e normas dos nosos servizos.

 


Subir Subir