Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Si sigues navegando, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información
Servizos mensaxería nacionais e internacionais Tourline Express
Estás en:  Omitir vínculos de navegaciónInicio  /  Servizos  /  Servizos nacionais  /  Condicións Xerais

Condicións xerais


Subscrición de conta de crédito

Apertura de conta de crédito para os usuarios que soliciten beneficiarse dos servizos da compañía Tourline Express, logo de pagamento da cota de abono anual de 56 euros, en concepto de cliente preferente.

O usuario que non satisfaga a cota de abono, poderá ver incrementado o prezo dos servizos solicitados nun 20% sobre os da presente tarifa.

Horarios

O horario de apertura e peche das oficinas é de 8:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. O horario de oficina en sábados é de 8:30 a 11:00 horas. O horario de verán nos meses de xullo e agosto é de 8:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 19:00 horas, sendo o horario en sábados de 8:30 a 11:00 horas.

Os servizos solicitados fóra de horario aceptaranse con carácter opcional e sufrirán un incremento no prezo (consultar operativa na súa delegación).

Cobertura Interna Tourline Express de mercadorías

A mercadoría que circula pola nosa rede está cuberta por defecto polo que marca a Lei 15/2009, do 11 de novembro, do contrato de transporte terrestre de mercadorías e, opcionalmente, para aqueles clientes que o soliciten, pola Cobertura Interna Tourline Express (CITE), de acordo coas condicións que se recollen nestas condicións xerais.

1. COBERTURA LEGAL INCLUÍDA por defecto

Cumprindo coa responsabilidade esixida pola Lei 15/2009, do 11 de novembro, do contrato de transporte terrestre de mercadorías, a indemnización por perda ou avaría non poderá exceder dun terzo do IPREM/día por cada quilogramo de peso bruto de mercadoría perdida ou avariada, mentres que a indemnización polos prexuízos derivados de atraso non excederá do prezo do transporte.
No caso de non contratar a CITE, a indemnización quedará suxeita ao marcado pola Lei 15/2009, do 11 de novembro, do contrato de transporte terrestre de mercadorías.

2. COBERTURA INTERNA TOURLINE EXPRESS (CITE) OPCIONAL DE MERCADORÍA

2.1. Cobertura Interna Xeral sobre o valor dos portes

a. Valor da mercadoría ata un máximo de 1.200 € por expedición. Todos os contidos a excepción da mercadoría excluída.
Taxa do 8% sobre o valor dos portes.
As seguintes mercadorías teñen unha franquía de 300 €: Telefonía móbil/accesorios e Material informático/accesorios.

b. Valor da mercadoría ata un máximo de 1.200 € por expedición. Todos os contidos a excepción da mercadoría excluída.
Taxa dun 16% sobre o valor dos portes.

c. Valor da mercadoría ata un máximo de 3.000 € por expedición. Todos os contidos a excepción da mercadoría excluída.
Taxa dun 32% sobre o valor dos portes.

2.2. Cobertura Interna Xeral sobre o valor declarado do contido

a. Valor da mercadoría, ata un máximo de 6.000 € por expedición. Todos os contidos a excepción da mercadoría excluída.
Taxa dun 8% sobre o valor dos portes máis 0,5% sobre o valor da mercadoría.
Límite de 6.000 € cun importe mínimo de 1,50 €.

b. Valor da mercadoría, ata un máximo de 6.000 € por expedición. Todos os contidos a excepción da mercadoría excluída.
Taxa dun 16% sobre o valor dos portes máis 0,5% sobre o valor da mercadoría.
Límite de 6.000 € cun importe mínimo de 1,50 €.

c. Valor da mercadoría ata un máximo de 6.000 € por expedición. Todos os contidos a excepción da mercadoría excluída.
Taxa dun 32% sobre valor declarado do contido.
Límite de 6.000 € cun importe mínimo de 1,50 €.

* Opción a, b ou c dependendo da opción contratada CITE sobre valor dos portes.

 

3. CONDICIONANTES DOS PLANS DE COBERTURA

Cobertura Interna Tourline Express aplicable exclusivamente a mercadorías. As expedicións de documentación son asegurables polo valor de impresión, nunca polo valor de creación ou realización. A indemnización da mercadoría será unicamente polo valor de adquisición, nunca polo valor de venda.

A indemnización da mercadoría usada, no caso de sinistro, sufrirá a depreciación do 20 % por cada ano transcorrido desde a compra.

Así mesmo, as reclamacións das mercadorías danadas efectuaranse polo seu valor de reparación, logo de presentación da factura de reparación.
 

TÁBOA DE DEPRECIACIÓN

Mercadoría con antigüidade Depreciación aplicada de
 Menor de 1 ano  0 %
 Máis de 1 ano  20 %
 Máis de 2 anos  40 %
 Máis de 3 anos  60 %
 Máis de 4 anos  80 %
 Máis de 5 anos  100 %

Todos os envíos transportados viaxarán coa cobertura e as taxas da Cobertura Interna Tourline Express xeral sobre valor dos portes, agás renuncia expresa do cliente ou porque a natureza da mercadoría está excluída da Cobertura Interna Tourline Express.

Sen prexuízo da cobertura contratada, en calquera caso sempre prevalecerán as indemnizacións previstas na Lei 15/2009, do 11 de novembro, do contrato de transporte terrestre de mercadorías, sempre e cando estas sexan superiores ás que corresponderían pola modalidade de CITE seleccionada polo cliente.

4. RISCOS EXCLUÍDOS

Quedan expresamente excluídos as perdas, danos ou gastos que, total ou parcialmente, directa ou indirectamente sexan causados por ou como consecuencia de:

  • Conduta dolosa do asegurado.
  • Infraccións das prescricións de expedición, así como de importación, exportación ou de tránsito. Violación de bloqueo, contrabando e comercio, ou actividade ou tráficos prohibidos, clandestinos ou ilegais.
  • Combustión espontánea da mercadoría asegurada.
  • Vicio propio ou calidade intrínseca das cousas aseguradas ou defecto na súa fabricación ou construción.
  • Materias radioactivas, transmutación do átomo ou da fusión ou fisión atómica ou nuclear ou calquera outra reacción nuclear.
  • Minguas naturais e uso e desgaste dos bens asegurados.

A Cobertura Interna Tourline Express cobre os danos materiais e directos; non son indemnizables os danos indirectos, tales como prexuízos comerciais por vendas non realizadas, diferenzas de cambio, perdas de mercado ou de garantía de orixe.

5. MERCADORÍAS EXCLUÍDAS DE CALQUERA COBERTURA INTERNA TOURLINE EXPRESS

  • Envíos nos que a delegación de ORIXE, oficina de CARGO e oficina de DESTINO son coincidentes.
  • Mercadorías que non poden ser transportadas por Tourline Express, de acordo coa normativa legal vixente.
  • Obxectos de valor excepcional e/ou antigos.
  • Pedras preciosas e perlas verdadeiras.
  • Ourivería de metais finos (ouro, prata e platino).
  • Alfaias e artigos de xoiería.
  • Obxectos de arte, antigos, raros cuxo valor non sexa convencional.
  • Encaixes de fío, bordados ou tecidos con metais finos e blonda lexítima de seda.
  • Coleccións de moedas e selos.
  • Mercadorías con insuficiencia de envase e embalaxe:
  1. O material informático, monitores, televisores e calquera electrodoméstico, sempre que non dispoñan da súa embalaxe orixinal.
  2. Todos aqueles recipientes de cristal, plástico, etc. que conteñan líquido que poida danar o resto das mercadorías, se non se transportan coa correspondente embalaxe protectora de botellas, deseñada para tal efecto e dispoñible no Dpto. de Compras de TOURLINE EXPRESS, ou coa súa caixa orixinal, sempre e cando a caixa orixinal reúna as condicións de seguridade e conteña separadores (cartón ou burbulla). Sempre que a embalaxe sexa adecuada, no suposto de rotura, só se aboarán os recipientes rotos. No suposto de danos na etiqueta do recipiente (por quedar manchada), se o recipiente é de numeración na etiqueta, aboarase o recipiente orixinal. Se non é de numeración, aboarase o custo de reetiquetaxe dos recipientes afectados.
  3. Os envíos de Nadal en cesta de vimbio (ou similar) e protexidos só con papel de celofán non quedarán cubertos pola Cobertura Interna de mercadorías no caso de sinistro, ao considerarse como "Mercadorías con insuficiencia de envase e embalaxe".
  4. En cerámica (pratos, cuncas, figuras) e os seus derivados, considérase insuficiencia de embalaxe se estes non se transportan con separador (burbullas, cartón). Ademais, é OBRIGATORIA a utilización das etiquetas "MOI FRÁXIL" e que estas estean adheridas xunto ás etiquetas do código de barras dos envíos. Para expedicións de máis dun vulto, cómpre a utilización da etiqueta "MOI FRÁXIL" en cada un dos vultos.
  5. En cristais e os seus derivados (cristais coches, espellos), considérase insuficiencia de embalaxe se estes non se transportan correctamente protexidos; é dicir, non se cubrirá este tipo de mercadoría se unicamente van embalados nunha caixa de cartón. A dita mercadoría debe estar cuberta por papel burbulla e dispoñer de embalaxe interior que non permita o movemento do contido.
  6. Considérase que existe insuficiencia de embalaxe nun envío cando se poida acceder ao contido deste sen necesidade de danar, romper, menoscabar, deteriorar e/ou alterar a súa embalaxe. Neste caso, o envío non quedará cuberto pola Cobertura Interna de mercadoría, ao considerarse como "Mercadoría con insuficiencia de envase e embalaxe".
  7. Considérase insuficiencia de embalaxe calquera envío que sexa transportado no interior dun sobre estándar sen ningunha protección (plástico, cartón, material necesario de protección interior…).
  8. Considérase insuficiencia de embalaxe calquera envío susceptible de sufrir algún dano que sexa transportado no interior dunha caixa de cartón sen que este fose protexido cun material axeitado de protección, como papel de burbulla, cortiza, etc.
  9. En mercadoría fráxil (cristais, cerámicas, figuras decorativas, pratos, cuncas...), é obrigatorio poñer a etiqueta de "MOI FRÁXIL".
  10. É responsabilidade do cliente embalar de maneira axeitada as mercadorías transportadas.
  11. TOURLINE EXPRESS resérvase o dereito de valorar se algún envío reúne as condicións de seguridade necesarias para o seu transporte e, en caso negativo, de solicitarlle á delegación a modificación e/ou adecuación da dita embalaxe para que o envío poida ser transportado e, por ende, susceptible de cobertura da Cobertura Interna.
  • Materias corrosivas ou inflamables.
  • Materias explosivas.
  •  Materias velenosas.
  • Carnes, peixes, mariscos frescos, refrixerados ou conxelados, e mercadorías que precisen frío para a súa conservación.
  • Prensa en calquera das súas variedades.
  • Mercadorías avariadas ou para reparación. (En sinistros de perda indemnizarase co valor da mercadoría naqueles casos en que esta se atope en período de garantía. No caso contrario, aplicarase a táboa de depreciación indicada no apartado 3. Nos sinistros de deterioración con nota de reparación, indemnizaranse os danos non incluídos nesta nota. No caso de non levar nota de reparación, será sometido a peritaxe).
  • Documentos e fotocopias de calquera tipo que posúan un valor superior á mercadoría en si.
  • Efectos comerciais, efectos bancarios, diñeiro en efectivo, escrituras, letras, títulos e cupóns de valores mobiliarios, billetes de banco, títulos ou documentos ao portador.
  • Billetes de avión ou de calquera outro tipo de transporte.
  • Lotería ou quinielas (premiadas ou non premiadas).
  • Tarxetas de teléfonos móbiles (de recarga, prepagamento, de cabina telefónica e contrato).
  • Entradas de espectáculos, concertos, fútbol, etc.
  • Material adquirido nunha poxa. No caso de sinistro deste tipo de mercadoría, para a valoración do material considerarase como data de antigüidade a data de compra do primeiro propietario e non a data de compra na poxa, aplicando a depreciación indicada no apartado 3.

6. PRAZOS DE XESTIÓN DA COBERTURA INTERNA TOURLINE EXPRESS

De acordo co establecido na Lei 15/2009, do 11 de novembro, do contrato de transporte terrestre de mercadorías, o destinatario deberá manifestarlle por escrito as súas reservas ao carrexador describindo de forma xeral a perda ou avaría no momento da entrega. No caso de avarías e perdas non manifestas, as reservas deberán formularse dentro dos sete días naturais seguintes á entrega.

Unha vez formalizada a reclamación dentro dos prazos descritos, as accións derivadas do contrato de transporte prescribirán no prazo dun ano.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A XESTIÓN DA COBERTURA INTERNA TOURLINE EXPRESS

No caso de que o cliente tivese que tramitar algunha Cobertura Interna Tourline Express, cómpre facilitarlle a seguinte documentación á delegación antes de que transcorran 75 días desde a emisión do envío:

1. Carta orixinal de reclamación de danos ou de perda.

Esta deberá vir en papel con cabeceira do cliente, ademais de coa sinatura e o seu selo.
Así mesmo, deberá especificarse claramente o material sinistrado e o seu valor de custo.
Se se tratase dunha mercadoría enviada para reparación, o cliente deberá indicalo de forma expresa.

2. Xustificación do contido do envío.

Este haberá de xustificarse facilitando a fotocopia da factura comercial orixinal entre remitente e destinatario (co total da mercadoría enviada), así como a fotocopia da factura orixinal da compra inicial (factura de adquisición ao provedor inicial da mercadoría sinistrada). No caso de que estas facturas tivesen unha data posterior á de emisión do envío, deberá presentarse ademais valorado o albará ou o pedido da mercadoría, que deberá ter unha data anterior ou igual á do envío.

No caso de que o cliente non puidese proporcionar a xustificación do valor do contido do envío mediante as devanditas facturas por causas ineludibles, como que sexa o fabricante da mercadoría, que sexan mostras, prototipos..., e co fin de que a mercadoría emitida por ese cliente goce da Cobertura Interna Tourline Express contratada, deberase xustificar de forma inequívoca o seu "valor medio de mercado actual". Nestes casos, a indemnización máxima calcularase realizando un desconto do 30%* sobre o dito valor.

3. Liquidación asinada polo cliente. Documento que lle será facilitado pola súa delegación.

4. No caso de tratarse de deterioración da mercadoría, material que se ha de peritar.

5. No caso de roubo, copia da denuncia presentada perante a autoridade gobernamental competente.

Mercadorías

Queda prohibida a recollida, entrega e transporte de paquetes ou obxectos cuxo contido sexa contrario á lei, á moral ou aos bos costumes e de tráfico ilícito. O cliente incorrerá nas accións e prexuízos derivados do incumprimento desta norma e quedarán exonerados de todo tipo de responsabilidade Tourline Express, o persoal propio e os terceiros contratados. Non se admiten animais vivos, líquidos corrosivos ou nocivos, alimentos perecedoiros, materias explosivas ou inflamables, envíos en metálico, xoias, obras de arte, armas, gases e aerosois inflamables e explosivos. Os envíos efectuados por vía aérea están suxeitos á normativa de IATA.

Alfándegas

Os envíos destinados a Andorra, Canarias, Ceuta, Melilla e Xibraltar poden sufrir atrasos por estar suxeitos ao control alfandegueiro. Os gastos de cabidos, taxacións ou calquera outro gravame serán por conta do destinatario, agás indicación do remitente. Os envíos con estes destinos deben ir acompañados dunha factura ou declaración de contidos con 5 copias debidamente asinadas e seladas, nas que figuren os seguintes datos:

  • Nome ou razón fiscal, NIF, enderezo completo do remitente e do destinatario.
  • Número de paquetes e descrición detallada da mercadoría.
  • Valor total para os efectos de alfándega.
  • Motivo da exportación. Especificar se é temporal (agás documentación).

Canarias: Baixo valor é considerado remesas de baixo valor , a documentación proporcionada non é factura comercial ou factura proforma , o seu valor non superior a € 1.000 e peso non superior a 30kg .
• Alto Valor Todas as transferencias cuxa documentación está factura comercial ou pro- forma , se a documentación presentada é unha declaración de contido e seu valor sexa superior a € 1.000 ou peso superior a 30 kg) Office of Export -DUA xérase.

Andorra: todos aqueles envíos cun valor superior a 12 euros (alto valor) deberán levar adxunta unha factura proforma, e terán un suplemento en concepto de xestión alfandegueira.

Ceuta, Melilla e Xibraltar: todos aqueles envíos cun peso superior a 1 kg (alto valor) terán un suplemento en concepto de xestión alfandegueira.

Cargos adicionais

Os envíos que, por datos incorrectos facilitados polo remitente ou horarios intempestivos por parte do destinatario, requiran dunha segunda entrega terán un cargo adicional en concepto de segunda entrega, con autorización previa do remitente. Recarga de 3,72 euros.

Todos os servizos solicitados a poboacións distintas do Punto Cero poderán ver incrementado o custo en función da quilometraxe, a razón de 0,59 euros/km. Este cargo aplicarase en función do servizo solicitado.
 

Entregas

Non se admiten envíos a apartados de correos. A compañía poderá rexeitar envíos con deficiencia na embalaxe, presentación ou seguridade para o resto das mercadorías transportadas (Lei 15/2009). O remitente poderá solicitar a confirmación da entrega: o POD (custo de 3,72 euros) ou o albará do propio cliente dixitalizado (custo de 2,00 euros).

As segundas entregas terán un cargo de 3,72 euros en poboacións con delegación Tourline Express.

Para as demais poboacións, consulte na súa delegación.
 

Recollidas

As recollidas en poboacións sen delegación solicitadas en ruta cun día de antelación non sufrirán incremento sobre o prezo do servizo base solicitado. Se se solicita no mesmo día, aplicarase, co consentimento do ordenante, a quilometraxe ida/volta desde a axencia máis próxima a razón de 0,61 euros/km.

Aspectos xerais

As quilometraxes desde os Puntos Cero ata as poboacións de destino poderán sufrir modificacións quer por causas de enlace de estradas ou por calquera circunstancia de cobertura de zonas. Excepcionalmente e por cambios previstos na loxística de Tourline Express, a compañía resérvase a opción de poder alterar esta distancia durante este ano.

Os envíos efectuados por vía aérea poden sufrir variacións nos horarios de entrega por causas alleas á nosa compañía.
Nos servizos a Portugal, o tránsito para algúns códigos postais incrementarase en 24 horas. Consulte coa súa oficina Tourline Express os códigos postais adheridos ao servizo D+1. No caso de illas en Portugal, os tránsitos poderán verse incrementados en máis de 24 horas. Consulte coa súa oficina Tourline Express.

Tourline Express non se responsabiliza do cumprimento correcto do servizo no caso de causa de forza maior.
 

Legais

Para cantas incidencias e accións se deriven da interpretación desta tarifa, os usuarios desta renuncian a calquera outro foro procesual propio e sométense aos tribunais da praza que determine a compañía.

Os prezos reflectidos na tarifa son sen IVE. Aplicarase neste concepto o 18%.

Tourline Express non se responsabiliza do cumprimento incorrecto do servizo motivado por causas maiores ou alleas á compañía.

A compañía resérvase o dereito de deixar de prestar servizo e rescindir a relación comercial se o cliente non satisfai puntualmente calquera débeda, así como se incumpre as condicións estipuladas na presente tarifa.

O cliente manifesta coñecer e aceptar as instrucións, condicións e normas dos nosos servizos.
 

Dimensións e pesos

O límite máximo por vulto establécese en 40 kg.

A suma do alto, ancho e fondo da mercadoría non poderá ser superior a 240 cm, agás que un dos seus lados non supere os 10 cm, en cuxo caso a suma dos lados non deberá exceder os 320 cm.

O límite máximo por paquete establécese en 40 kg. Volume a razón de 333 kg/m3.

Para calcular a cubicaxe hai que seguir a fórmula seguinte:

Alto x fondo x ancho / 3000

Exemplo: para unha caixa estándar de Tourline Express de 40 x 40 x 27,4:
40 x 40 x 27,4 cm. = 15 kg / 3000

Para tránsitos insulares, consulte coa súa delegación habitual.
 

Protección e seguridade

Sobres

Tourline Express dispón, para todos os seus envíos, de sobres de plástico altamente resistentes a calquera deterioración por manipulación, así como cun peche inviolable de seguridade que asegura a súa privacidade. As medidas destes sobres son:

  • 22 cm x 33 cm
  • 34 cm x 42 cm
  • 45 cm x 60 cm

Os servizos de 8:30 h, 48 h e Multiexpress dispoñen duns sobres especiais que facilitan a súa identificación, á vez que protexen os envíos. Ademais, Tourline Express dispón de sobres prepagamento.

Sacas de valixas

Os servizos de valixas gozan duns envases multiusos, fabricados nun material altamente resistente, para garantir sempre a protección sen minguar a súa frecuencia de uso. A súa capacidade de resistencia é de 10 kg de peso, pódese utilizar tantas veces como sexa preciso e o seu sistema de peche é mediante precinto de seguridade.

Seguimento informático

A rede Tourline Express dispón dun programa informático que garante o seguimento e a localización dos envíos, de modo que pode coñecerse, en cada momento, o estado de cada un deles. Cada envío viaxa cunha etiqueta cun código de barras, que lle confire un carácter único. Mediante a súa lectura con lectores ópticos, coñécese, en tempo real, o estado de cada un dos envíos que se atopan na rede.
 

Caixas de cartón

Para aquela mercadoría que, polo seu volume, non caiba nos sobres Tourline Express, deseñáronse dous tipos de caixas coas seguintes medidas.

  • 23 x 18,8 x 13,6 (2 kg)
  • 35 x 18,8 x 13,6 (3 kg)
  • 40 x 27,4 x 13,6 (5 kg)
  • 40 x 24,4 x 27,4 (10 kg)
  • 40 x 40 x 27,4 (15 kg)

Ademais, a estas caixas hai que engadirlle outra máis coas medidas 10 x 10 x 80, pensada para o transporte de planos, documentos con medidas máis grandes do normal, etc.
Ambas cun deseño corporativo e dobre-dobre canle, son susceptibles amorearse sen que a mercadoría que conteñan sufra ningún tipo de deterioración.

Sobres de burbullas

Os disquetes, CD, microchips, etc. disporán dun sobre de alta resistencia adaptado ao seu tamaño (17 x 24 cm) e con protección de burbullas de aire no seu interior. Para o resto das mercadorías fráxiles, deseñouse un sobre de 34 x 42 cm con protección de burbullas de aire no interior.

Embalaxes para botellas

As botellas que viaxen pola rede estarán protexidas por unha estrutura de polietileno, preparada para adaptarse perfectamente ao tamaño das botellas e introducida nunha caixa de cartón, evitando así o seu movemento. Estes novos envases teñen capacidade para 1 e 3 botellas.
 


Subir Subir