Tourline Express naceu en 1996 e desde entón o seu crecemento foi espectacular. Rapidamente ocupou un lugar no mercado pola súa calidade e eficacia na xestión de envíos. A apertura constante de delegacións, a rendibilidade contrastada destas e a obtención dunha cota de mercado cada vez maior fixeron de Tourline Express un modelo empresarial de referencia no sector. Desde xullo de 2005 forma parte do Grupo CTT, compañía postal portuguesa que conta entre as súas empresas con CTT ou a homóloga Tourline Express, CTT Expresso.
O carácter expansionista e innovador da compañía e o seu afán de superación mantivéronse constantes ao longo destes anos, estudando continuamente as necesidades dos nosos clientes e introducindo valores engadidos para os nosos servizos que nos permitan satisfacer todas as necesidades que poidan xurdir. Deste xeito, e baseándose na especialización do servizo, Tourline Express sempre se dirixe a novos mercados e á obtención, cada día, da confianza de novos clientes.
Grupo CTT
O sector do transporte urxente e da loxística en xeral sufriu múltiples cambios nos últimos anos, nos que se produciu unha gran concentración de empresas. Isto, unido á excelente marcha de Tourline Express, fixo que a compañía estivese no punto de mira dos intereses de grandes grupos loxísticos e postais europeos. Por iso, en xullo de 2005 a compañía postal pública de Portugal, CTT Correios, apostou polo ambicioso plan de expansión de Tourline Express, adquirindo o 100% da compañía española. Isto supuxo a posta en marcha do "Proxecto Ibérico", a integración do mercado español e portugués como un único mercado doméstico.
CTT é o maior operador de distribución e loxística en Portugal, cunha facturación anual de preto de 770 millóns de euros. Así mesmo, é un dos maiores grupos empresariais do país veciño e ten por misión o establecemento das mellores relacións físicas e electrónicas entre todos os seus clientes: cidadáns e empresas. Opera no sector da distribución postal de correos, os servizos de mensaxería urxente, a loxística, a produción e xestión documental, o mercado publicitario, o mercado financeiro e a área dos servizos electrónicos. Posúe unha rede loxística sen comparación canto a cobertura nacional, con preto de 800 oficinas, preto de 350 centros de distribución, e máis de 3.000 vehículos de repartición que lle dan cobertura a toda a poboación portuguesa. É á súa vez a empresa nacional que máis emprego ofrece, con preto de 14.000 traballadores.