Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Si sigues navegando, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información
Calidade Tourline Express
Estás en:  Omitir vínculos de navegaciónInicio  /  Compañía  /  Calidade e o servizo

Aposta pola calidade


Tourline Express é unha empresa dinámica, con capacidade de innovación e adaptación aos cambios continuos e ás necesidades dos seus clientes. A eficiencia dos nosos servizos e a proximidade cos nosos clientes son o resultado.

Dende os seus inicios, Tourline Express mantén a calidade de servizo como un dos piares básicos da súa filosofía empresarial. A obtención en 1999 do certificado ISO 9001, co rexistro de empresa ER-0236/1999, recoñecía o laborioso traballo do grupo, e acreditaba a compañía como unha empresa sólida, estable e comprometida co obxectivo de ofrecerlles un servizo de "Calidade Total" a todos os seus clientes.

Na actualidade, tras superar a auditoría de calidade realizada por AENOR, todos os procesos empresariais, tanto loxísticos como de xestión, están certificados conforme a normativa de calidade ISO 9001; ademais, conta coa certificación ISO 14001 de Xestión Ambiental e está en fase de preparación para obter a certificación OHSAS 18001 sobre seguridade e saúde laboral co fin de conseguir a tripla certificación e fomentar a excelencia empresarial.

 



Descargar Archivo



Subir Subir